top of page

ANUNCIOS

NOVAS

NEWSLETTER

GALERIA MULTIMEDIA

Horarios e Grupos  2023/2024

18/06/23

Calendario Audicións 2º Trimestre

05/03/24

Horario atención ao público

18/09/23

Portada.jpg

Axenda Artística

Toda a programación artística da Escola Municipal de Música ao longo do trimestre

Novas

As novas máis salientables da Escola Municipal de Música Magariños

Ad. Xeral

Todos os teus trámites administrativos coa Escola Municipal de Música Magariños

Servizos

Coñece todos os servizos da Escola Municipal de Música Magariños

A Orde do 13 de maio de 2011 e publicado no DOG Núm. 104 do 31 de maio de 2011, autoriza a inclusión da Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A Escola Municipal de Música Magariños acada así a avaliación de conformidade cos requisitos da Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regula as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza en Galicia.

 

O centro cumpre deste xeito cos requisitos de infraestructura, profesorado e do proxecto educativo que dende hai varios anos ven traballando con moito éxito. O centro contará a partir de agora cun proxecto en continua avaliación que repercutirá na calidade do servizo prestado dende a Escola e, en definitiva, nos usuarios da Escola Municipal de Música Magariños.

 

 

​

 

 

No curso 2003/2004 botou a andar o Plan Educativo de Ensinanzas Musicais [PEEM] da Escola Municipal de Música Magariños. Este plan definiu as directrices que asentaron no Concello de Brión unha formación musical. Unha formación musical dirixida a todos os veciños do Concello de Brión sen limitacións de idade, sexo, relixión, condicións, etc.

 

O centro conta cunha autonomía pedagoxíca en relación á organización das ensinanzas musicais atendendo aos principios de flexibilidade educativa. Deste xeito a traves de tres itinerarios educativos diferenciados [clásico-moderno-tradicional] e segundo o acceso por idade [PEX e PEA] se artella o Plan Educativo de Ensinanzas Musicais.

 

A actividade pedagóxica do centro se desenvolve atendendo a tres bloques principales: formación instrumental, formación complementaria e actividades de conxunto.

 

En definitiva se ten vontade de desenvolver no alumnado disposicións expresivas e de estimular experiencias coa música indo máis alá da mera adquisición de habilidades técnicas.

bottom of page