O prazo para solicitar praza para o próximo curso finalizará o 23 de xullo
A Escola Municipal de Música Magariños de Brión abriu o prazo para formalizar as preinscricións para o curso escolar 2018-2019. As solicitudes poderanse formalizar ata o 23 de xullo. A lista de admisións e agarda farase pública o 27 de xullo.
A Escola Municipal de Música ofrece unha formación especializada de calidade, que permite a todos os nenos, novos e adultos a posibilidade de exercer unha actividade musical desde os 3 anos ata a idade adulta. Algunhas das materias que se imparten son: sensibilización e expresión musical, iniciación á música e profundización musical. Así mesmo, organízanse cursos de música para mozas e adultos que non posúen coñecementos previos.

Os instrumentos que se ensinan na escola son as seguintes:
>Itinerario clásico: piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trompa, tuba/bombardino, trombón, saxofón, clarinete, percusión e canto.
>Itinerario moderno: piano, guitarra, canto, trompeta, saxofón e batería.
>Itinerario tradicional e folk: percusión, gaita e canto.
Os impresos de solicitude de nova admisión pódense retirar na secretaría da escola como tamén na web da Escola, en horario de luns a venres de 10.00 horas a 13.00 horas. Ademais se recollerá información académica de matriculación.
A admisión de solicitudes de nova admisión para o curso 2018/2019 permanacerá aberta unha vez remate o prazo oficial ata o 31 de outubro e será por rigurosa orde de presentación.
Máis información na web www.esmumagarinos.com
Komentāri