top of page
Search

Nox Piano Trío, grupo de cámara no Concerto Inaugural´22

A Escola Municipal de Música Magariños abrirá o 15 de setembro o curso 2022/2023 cun concerto inaugural no que dará a benvida ao alumnado matriculado para o curso académico.

cunDRAFTJS_BLOCK_KEY:26i7g

No Salón de Actos do Centro Social Polivalente de Brión, terá lugar o concerto inaugural do curso académico 2022/2023 da Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión. O concerto será as 19:00 horas nunha nova edición do programa do Concerto Inaugural´22.


O Nox Piano Trío, grupo de música de cámara composto por mulleres, que ofrecerán un recital de estilo clásico, cun repertorio de pezas de compositores do barroco e o romanticismo. As intérpretes do grupo de cámara Nox Piano Trío está formado pola violinista Olga Alexandrowskaya, a violonchelista Xusa Hervás e a pianista Alba Díaz, todas elas profesoras do Conservatorio Profesional de Musica de Compostela e coa inquedanza de interpretar repertorio de musica de cámara.


Olga Alexandrovskaya estudou música en Kazan e Moscu. Foi parte da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Orquestra de Cámara de L'Empurda e profesora de violín nos Conservatorios Superior de Vigo e Profesional da Coruña.


Xusa Hervas Brull, violonchelista nada en Valencia, comezou os seus estudos na Banda Unión Musical de Benimodo e continuou a súa formación musical no Conservatorio Superior de Musica de Valencia. Colaborou en varias ocasións coa Real Orquestra Filharmónica de Galicia, coa Orquestra de Estremadura e con diversos grupos musicais de Valencia. Foi tamén profesora no Conservatorio Superior de Musica de Vigo.


A pianista e musicóloga nacida en Santiago de Compostela Alba Diaz Taboada comezou os seus estudos na súa cidade natal e finalizou no Conservatorio Superior de Musica de Vigo. Foi profesora de piano no Conservatorio Profesional de Musica da Coruña.


21 views0 comments
bottom of page