top of page
Search

Peche do curso académico 2020/2021

A Escola Municipal de Música Magariños despide hoxe xoves 10 de xuño o curso académico sen o seu tradicional concerto de clausura.

A Escola Municipal de Música Magariños despide hoxe xoves 10 de xuño o curso académico 2020/2021. A clausura programada para o 11 de xuño, do mesmo xeito que as actividades de concertos anuais, quedaron canceladas pola pandemia e por evitar posibles riscos para a saúde.


A piques de cumprir 20 anos de vida, a Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión impartiu clases neste curso académico de máis de 20 especialidades instrumentais e de formación musical para os máis pequenos. Contou con máis de 200 solicitude de matrícula e cunha media de alumnos de 195 alumnos, e, cun total de máis de 800 matrículas nas distintas asignaturas que conforman o Plan Educativo de Ensinos Musicais (PEEM).


Con tres itinerarios académicos – clásico, moderno, tradicional e folk-, fai que conflúan estudantes de ámbitos moi diversos, e que a experiencia de estudar na ESMU Magariños sexa moi enriquecedora, e contribúe a facer deste centro recoñecido nos concellos da contorna de Brión.

10 views0 comments
bottom of page