top of page

ADMINISTRACIÓN XERAL | Matriculación

Alumnos matriculados no presente curso 2024/2025 e queran renovar a matrícula para o vindeiro curso 2024/2025. Dende o 22 de abril ata o 23 de maio ambos os dous inclusive.

O alumnado de nova admisión para o vindeiro curso 2025/2026, o prazo de formalización de matrícula estenderase dende o 16 de xuño ata o 17 de xullo ambos os dous inclusive. Ata o 31 de outubro permancerá aberto o prazo de inscrición nas distintas especialidades por rigurosa orde de inscrición. Prazas ofertadas e información a partir do 7 de xuño.

A Escola publica as listas de admitidos e de agarda definitivos actualizados para o curso 2025/2026 con data do 24 xullo de 2025 nas distintas especialidades ofertadas polo centro.  Aqueles alumnos que non queren continuar en lista de agarda deberan comunicalo e cursar a baixa académica. No caso de alumnos en lista de agarda de instrumento e queren permanecer nos listados deberan asistir como oíntes as clases teóricas e colectivas.

PROCESO ELECCIÓN DE HORARIO DE INSTRUMENTO PARA O CURSO 2025/2026

O alumnado ou a persoa delegada para á elección de horario de instrumento deberá cumprir as seguintes normas de actuación nos días indicados para á elección de horario de instrumento: 

 

  1. Ao proceso de elección de horario poderá acudir o alumnado que realizou a reserva de praza do curso anterior como tamén oa alumnado que resultou admitido no proceso de Nova Admisión.

  2. Acudir de forma puntual ao lugar para a elección de horario (ver cadro anexo segundo especialidade, idade, día, hora, etc.).

  3. Poderá acudir unha persoa (alumno/a, titor ou ben persoa delegada na elección de horario).

  4. O lugar para á elección de horario será a Aula 5 (pranta superior) onde se acudirá á hora indicada.

  5. O proceso consistirá nun sorteo onde se dará prioridade a idade e as características da especialidade instrumental segundo horaria do profesor.

  6. No sorteo participará o alumnado presente ou ben persona delegada para á elección do horario.

  7. No caso de alumnado ausente, unha vez que remate o proceso nos días posteriores o centro se poñerá en contacto con eles para determinar un horario dentro da dispoñibilidade restante do proceso.

  8. No caso de chegar tarde e co proceso de sorteo en marcha, concederáselle escoller o horario unha vez terminase o sorteo e a quenda.

CALENDARIO ELECCIÓN DE HORARIO DE INSTRUMENTO PARA O CURSO 2024/2025

Especialidades: Canto (CL), Canto (MO), Canto (TR)

ALUMNADO PEX (PLAN EDUCATIVO XERAL) 

2 de setembro (16:00 horas)

ALUMNADO PEA (PLAN EDUCATIVO ADULTOS)

2 de setembro (16:30 horas)

Especialidades: Frauta Traveseira (CL), Gaita (TR)

ALUMNADO PEX (PLAN EDUCATIVO XERAL) E PEA (PLAN EDUCATIVO ADULTOS)

2 de setembro (17:30 horas)

Especialidades: Contrabaixo (CL), Contrabaixo (MO), Baixo Eléctrico (MO)

ALUMNADO PEX (PLAN EDUCATIVO XERAL) E PEA (PLAN EDUCATIVO ADULTOS)

2 de setembro (18:30 horas)

 

Especialidades: Piano (clásico) e Piano (moderno)

ALUMNADO DE 8, 9, 10, 11, 12 ANOS

3 de setembro (16:00 horas)

 

ALUMNADO DE 13 ANOS EN DIANTE

3 de setembro (17:00 horas)

Especialidades: Saxofón (CL), Saxofón (TR), Saxofón (MO)

ALUMNADO PEX (PLAN EDUCATIVO XERAL) E PEA (PLAN EDUCATIVO ADULTOS)

3 de setembro (18:00 horas)

Especialidades: Clarinete (CL), Requinta (TR)

ALUMNADO PEX (PLAN EDUCATIVO XERAL) E PEA (PLAN EDUCATIVO ADULTOS)

4 de setembro (16:00 horas)

 

Especialidades: Guitarra (CL), Guitarra (MO)

ALUMNADO PEX (PLAN EDUCATIVO XERAL) E PEA (PLAN EDUCATIVO ADULTOS)

4 de setembro (17:00 horas)

Especialidades: Trompeta/Fliscorno (CL), Trompa (CL), Trombón (CL), Tuba/Bombardino (CL) e Trompeta (MO)

ALUMNADO PEX (PLAN EDUCATIVO XERAL) E PEA (PLAN EDUCATIVO ADULTOS)

5 de setembro (16:00 horas)

 

Especialidades: Percusión (CL), Batería (MO), Percusión (TR)

ALUMNADO DE PEX (PLAN EDUCATIVO XERAL) E PEA (PLAN EDUCATIVO ADULTOS)

5 de setembro (17:00 horas)

bottom of page