ao teu servizo
información xeral
preto de ti
pensando en ti
xestións e trámites
cando ti queiras
O CENTRO | Información Académica

O obxectivo principal da Escola Municipal de Música Magariños é a creación dun espazo que xenere e de lugar ao fomento da creatividade coma forma integradora da sociedade de Brión na súa interacción con manifestacións artísticas no ámbito da música.
Ademais dese obxectivo principal a Escola ten outros obxectivos a acadar anualmente::
1. Fomento dende a infancia do coñecemento e apreciación da música coma un fenómeno artístico e medio de comunicación persoal.
2. Ofrecer unha ensinanza musical flexible e ampla, que integre na medida do posible unha oferta diversificada e que este orientada á práctica individual como a de conxunto.
3. Posibilitar a todos os sectores de poboación de Brión a aprendizaxe e goce da música.
4. Fomentar no alumno o interese pola participación en agrupacións vocais e instrumentais.
5. Orientar e posibilitar a aqueles alumnos con especial talento e vocación a unha ensinanza profesional e regrada.
6. Organizar actuacións públicas e participar en actividades de carácter afeccionado.
A Escola Municipal de Música Magariños ten unha oferta educativa prevista na lexislación educativa que atinxe á musica e baixo os parámetros da Orde do 11 de Marzo de 1993 no marco dunha formación clásica, moderna e tradicinal.
MÚSICA E MOVEMENTO
Música e movemento e a signatura troncal no Nivel I do organigrama educativo da Escola de Música. Seguindo unha pedagoxía musical especializada estructurase en tres ciclos na franxa de idade de 3 a 7 anos.
FORMACIÓN COMPLEMENTARIA
A linguaxe musical e harmonía e análise musical proporcionan ao alumnado a “alfabetización” musical para que poda ler e escribir música de forma fluída como tamén comprensión harmónica e analítica dos textos musicais. Indispensable para abordar o estudio dun instrumento.
PRÁCTICA INSTRUMENTAL
A oferta de especialidades instrumentais que se imparten son as seguintes:
Itinerario Clásico
- Piano.
- Guitarra.
- Trompeta/Fliscorno.
- Trompa.
- Tuba/Bombardino.
- Trombón.
- Clarinete.
- Saxofón.
- Frauta Traveseira.
- Percusión.
- Canto.
Itinerario Moderno
- Piano.
- Trompeta.
- Saxofón.
- Batería.
- Canto.
- Guitarra.
Itinerario Tradicional e Folk
- Gaita.
- Percusión.
- Canto
ACTIVIDADES DE CONXUNTO
Constituen o eix