top of page

A ESCOLA | Benvido/a

A Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión, naceu coa idea de acercar a música aos veciños e veciñas de Brión dende un plantexamento eminentemente práctico e lúdico. Nace no ano 2003 cun proxecto que se consolida co recoñecemento da Consellería de Educación no ano 2011 ao ser incluída no rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia e publicada no DOG nº 104 do 31 de maio de 2011.

 

O plantexamento da Escola Municipal de Música Magariños se centra básicamente nuns obxectivos estratéxicos, basados no establecemento dun espíritu de traballo e nun concepto de disciplina, que se transmitan ao alumno de forma directa e pasando polas distintas etapas de aprendizaxe. Todo isto levará a desenvolver un proxecto educativo co que facer realidade moitas das inquietudes das que carece o mundo da música en xeral e da educación en particular.

​

Aos beneficios plantexados nos obxectivos hai que engadirlle a liberdade de facer realidade novas ideas. Un sistema educativo flexible adecua as necesidades tanto do alumando como do profesorado, sacando adiante novos proxectos educativos. Proxectos que abarcan distintos períodos de tempo, diferentes ámbitos de idade e unha gran variedade de especialidades e niveis de dificultade. Neste sentido queremos falar dunha Escola para tod@s onde cada veciño e veciña de Brión teña o seu espazo no centro.

 

bottom of page