top of page

A ESCOLA  | A nosa filosofía

A Escola Municipal de Música Magariños ten como obxecto a difusión cultural para a satisfacción das necesidades dos veciños e veciñas do Concello de Brión, a través das ensinanzas musicais coma tamén a través da producción e programación propia.

 

Converter o Concello de Brión nun referente en Galicia para a aprendizaxe, difusión e divulgación cultural en xeral por medio das ensinanzas musicais.

1. Calidade: nas ensinanzas, na xestión, nas infraestructuras e no servizo ao público.

2. Vocación de servizo público: orientado ás necesidades culturais do Concello de Brión.

3. Responsabilidade: exercer éticamente con transparencia, eficacia e eficiencia na xestión.

4. Compromiso: coa cidadanía e coas futuras xeneracións.

1. Creación de novos públicos.

2. Atención á cultura popular e tradicional de Brión como tamén estilos de índole moderno.

3. Optimización do espazo.

4. Crecemento cualitativo de eventos e actividades.

5. Fomentar e favorecer a accesibilidade ao sistema cultural en xeral é en particular as ensinanzas musicais.

6. Dotar dunhas ensinanzas estables, diversificadas e con identidade propia.

7. Estimular e servir como centro de referencia para a creación e producción artística nas artes musicais do Concello de Brión.

8. Canles de comunicación: novas tecnoloxías.

9. Avaliación continua.

bottom of page