top of page

PARA TOD@S | Xornadas Musicais Santa Cecía

O proxecto de "Xornadas Musicais Santa Cecía" nace coma unha iniciaiva da Concellería de Deportes, Eduación e Actividades Extraescolares do Concello de Brión para manter e fomentar a formación musical do Concello, así como aportar novas tendencias para a súa divulgación e estudio e atendendo os valores tradicionais musicais do Concello.

 

Tendo en conta que as sociedades evolucionan e en consecuencia prodúcese un desenvolvemento da sociedad rural, consideramos que este desenrolo non debería ir identificado coa pérdida de identidade. Unha identidade socio-cultural débese de manter e transmitir a xeneracións vindeiras a través da formación e práctica musical.Como calqueira actividade formativa, estas Xornadas Musicais buscan uns obxectivos conceptuais, procedimentais e actitudinais.

 

Un destes últimos é fomentar a creación de vínculos entre esos colectivos participantes, de modo que as Xornadas Musicais forxen a vitalidade cultural da comunidade de Brión, na que os intereses de todos se convertan nos de cada un e as necesidades de cada un sexan resoltas por todos.

 

Este proxecto resulta moi ambicioso, pero cuns obxectivos claros e de intentar coseguir nun período a curto prazo e que se resumen en:

 

• Valorizar o patrimonio cultural de Brión, a través das súas manifestacións musicais.

• Diversificar e consolidar a actividade cultural (musical) do Concello de Brión.

• Favorecer a recuperación de tradicións e costumes musicais (culturais).

• Fomentar o gusto musical entre os máis novos.

• Potenciar a participación de colectivos na vida cultural do Concello de Brión.

• Promover a formación musical no eido local.

• Desenvolver accións de sensibilización cara o patrimonio cultural.

• Apoiar a formación continua e a ocupación do ocio de colectivos e particulares

 

DATOS DE INTERÉS

Primeira edición en 2009

Mes de novembro

Edicións

Xornadas Santa Cecía | Edición 2009

Xornadas Santa Cecía | Edición 2010

Xornadas Santa Cecía | Edición 2011

Xornadas Santa Cecía | Edición 2012

Xornadas Santa Cecía | Edición 2013

Xornadas Santa Cecía | Edición 2014

Xornadas Santa Cecía | Edición 2015

Xornadas Santa Cecía | Edición 2016

​

Coordinación

Área de Produción

ESMU Magariños

producion@briondixital.org

bottom of page