top of page

PARA TOD@S | Sala de Concertos

O proceso de transformación que vive a Educación Musical na nosa sociedade está permitindo unha positiva percepción e valoración da mesma, tanto profesional como social. Unha das manifestacións máis relevantes atópase nos concertos e audicións públicas dos máis novos que se configuran como potentes ferramentas educativas que permiten acceder á música nas mellores condicións posibles de interpretación e producción. Estas pequenas produccións imprimen nos rapaces e nas súas familias, a experiencia que aporta a música a través das vivencias da música en vivo aportando a creación dun novo público, máis crítico e máis participativo.

 

A Sala de Concertos da Escola Municipal de Música Magariños está formada por audicións, cocertos, festivais, ciclos, etc. onde se pon enriba do escenario un repertorio variado e atendendo a configuración da oferta da Escola.

 

O Festival de Cámara (FeCam) é un espazo reservado para interpretación de obras de cáracter camerístico. Nace na Semana Santa de 2011 e está orientado a crear un vehículo fundamental para integrar e poñer en práctica unha serie de aspectos técnicos e musicais, no que a aprendizaxe, a través dos estudos instrumentais e teóricos, posee forzosamente un carácter analítico, que será obxecto dunha síntese ulterior e a través da práctica interpretativa.

 

A práctica da música de cámara cumple unha función decisiva no desenvolvemento do oído musical, en todos os seus aspectos. O repertorio camerístico constitúe o medio idóneo para que o alumnado desenvolva o sentido da afinación, desenrolo que non pode deixar de ser instintivo e mimético, que se resiste a ser ensinando ou transmitido por métodos racionais e que require unha larga praxis musical, preferentemente en conxunto.

 

En palabras T. W. Adorno, sociólogo, apunta o seguinte nunha das súas leccións teóricas sobre a música de cámara:

"A acción de quenes interpretan música de cámara compárase unha e outra vez [...] cunha conversación. Elo o proporciona a partitura: o traballo motívico e temático, a reducción das voces, a súa aparición alternada, toda a dinámica na estructura da música de cámara ten algo de agonal"

FICHA ARTÍSTICA

Primeira Edición Ano 2011

Semana Santa

Espazo Escénico

SALÓN DE ACTOS

Centro Social Polivalente (Brión)

Aforo de 100 butacas

Intérpretes

PEX e PEA

Todas as especialidades instrumentais

A partir dos 8 anos

Coordinación

Área de produción

ESMU Magariños

produción@briondixital.org

FICHA ARTÍSTICA

Primeira Edición Ano 2004

Derraidera semana de maio

Espazo Escénico

SALÓN DE ACTOS

Centro Social Polivalente (Brión)

Aforo de 100 butacas

Intérpretes

PEX e PEA

Todas as especialidades

A partir dos 3 anos

Coordinación

Área de produción

ESMU Magariños

producion@briondixital.org

A Escola Municipal de Música Magariños ven celebrando prácticamente dende a súa creación o Festival  de Primavera, sendo a continuación na súa orixe do Concerto de Fin de Curso (CFC). É o festival que maior arraigo ten na Escola, nembargantes, é a celebración do remate do curso académico.

 

Neste Festival participan a maoría dos alumnos da Escola, dende os máis pequenos - Nivel I-, ata os alumnos maiores pertencentes ao Nivel IV do Plan Educativo. Ademáis os alumnos PEA (Plan Educativo Adultos) participan do remate do curso escolar.

O Concerto de Entroido está organizado polo Departamento de Música e Movemento como celebración destas festas cheas de música, color e fantasía pero tamén para con moita historia e tradición que se intenta achegar aos máis novos. Un bo relato para contar aos nenos e que coñezan o motivo que nos leva a poñer unha máscara ano tras ano.

 

É importante que os nenos coñezan o sentido das cousas, o que lles servirá de gran axuda na súa aprendizaxe. Deste xeito, e co carácter máis lúdico, con máscara, música e bailes desenvolvese este Concerto orientado os máis pequenos da Escola.

 

Entre os obxectivos a acadar neste Concerto de Entroido son:

 

1. Descubrir e desenvolver as capacidades expresivas, creativas, musicais e motrices dos nenos.

2. Considerar a voz coma un medio de expresión por excelencia estimulando o contacto coas fontes sonoras a través de distintos instrumentos de percusión.

3. Propiciar situacións de aprendizaxe que favorezcan a motivación necesaria mediante as cancións, bailes ou interpretacións de percusión.

4. Considerar o movemento coma medio de expresión e sensibilización motriz, visual, auditiva e rítmica.

FICHA ARTÍSTICA

Primeira Edición Ano 2011

Entroido

Espazo Escénico

SALÓN DE ACTOS

Centro Social Polivalente (Brión)

Aforo de 100 butacas

Intérpretes

PEX e PEA

Música e Movemento e Vento

A partir dos 3 anos

Coordinación

Área de producción

ESMU Magariños

produccion@briondixital.org

FICHA ARTÍSTICA

Primeira Edición Ano 2014

Segunda semana de maio

Espazo Escénico

VARIOS ESPAZOS

Concello de Brión

Distintos aforos

Intérpretes

PEX e PEA

Todas as especialidades instrumentais

A partir dos 8 anos

Coordinación

Área de produción

ESMU Magariños

producion@briondixital.org

A Noite en Branco da "Magariños" é unha experiencia que botou á andar no ano 2014. Grandes cidades do mundo coma Nova York, Berlín, Tokio, etc. e tamén outras cidades españolas coma Madrid, Málaga ou Badaxoz levaron a cabo nun contexto cultural máis global, busca a implicación da poboación de Brión cunha proposta que sexa un activo para os asistentes e coa música coma fío conductor desta iniciativa. É unha noite que quere convertirse na participación dos veciños e veciñas de Brión e, crear unha forma de relacionarse cos distintos espazos culturais do Concello de Brión.

 

A Noite en Branco da “Magariños” ten dous fins importantes:  

 

1.  Coñecer a diversidade dos espazos escénicos do Concello de Brión. Terán lugar os distintos concertos en espazos coma as aulas da Escola Municipal de Música Magariños, a Biblioteca Pública Municipal de Brión, a Sala de Exposicións Municipal e o Salón de Actos do Centro Social Polivalente de Brión.

2. Búsqueda da participación dos veciños e veciñas de Brión. Nunha noite que pretende convertirse nun lugar de encontro para a cultura e a música en particular. 

bottom of page