CONCELLO DE BRIÓN | Departamento de Música
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS
ao teu servizo
información xeral
preto de ti
pensando en ti
xestións e trámites
cando ti queiras
PARA TOD@S | Agrupacións Artísticas
As agrupacións instrumentais como vocais supoñen, fundamentalmente, un marco de aplicación e vivenciación dos coñecementos adquiridos noutras asignaturas coma: linguaxe musical, formación instrumental, harmonía e análise musical ou incluso historia da música.
Preténdese ofrecer ao alumnado a posibilidade de experimentar a interpretación a través das diferentes agrupacións ofertadas pola Escola Municipal de Música Magariños. Para elo, se traballará cun repertorio moi coidado e variado como tamén diverso.
Fomentar o coñecemento das distintas agrupacións como tamén dunha consideración especial de por en valor a música coma un instrumento vehicular de experiencias e aprendizaxe.
Conxunto Coral formúlase como unha asignatura para ensinar a cantar, e iso conleva, entre outras moitas cousas, que os alumnos aprendan a concentrarse e expresar os sentimentos a través do corpo e mediante o instrumento que é a voz. Deste xeito, o alumno identifícase a nivel individual coma tamén dentro do grupo coral e nun ámbito maior.
Os alumnos aprenden a través do Conxunto Coral a respirar xuntos, a entoar cancións de diferentes estilos musicais e distintos carácteres. Ademáis conxugan ao cantar facetas da linguaxe musical coma o timbre, o ritmo, a entoación e nun plano eminentemente práctico e fora do carácter teórico. Deste xeito, ao paso do tempo os alumnos van medrando a nivel personal comoa tamén en grupo.
DATOS DA AGRUPACIÓN
Curso 2004/2005
Coro I, II e III
Membros
Alumnos PEX e PEA
Todas as especialidades instrumentais
A partir dos 8 anos
Coordinación
Dep. Agrupacións Grupais e Instrumentais
DATOS DA AGRUPACIÓN
Curso 2009/2010
Banda de Música Magariños
Membros
PEX e PEA
Todas as especialidades
A partir dos 8 anos
Coordinación
A formación deste grupo instrumental dentro da Escola Municipal de Música Magariños atende a necesidade de resaltar as capacidades audititivas, de atención, de memoria ou de expresión no plano máis formal. Nun plano menos formal, os lazos de amistad se reforzan dentro da banda de música, xa que non só é tocar, senón que existe unha socialización entre os membros que conforman a agrupación de idades iguais ou diferentes. Deste xeito, este espazo propicia un gran logro social xa que consigue por un lado unha educación musical e por outro, unha socialización entre os distintos membros que conforman a agruapación, axudando a formación integral do individuo. Ademáis, a Banda de Música Magariños favorece o desenvolvemento da educación musical na aula, e esta á súa vez inflúe positivamente e fomenta o potencial da Banda de Música Municipal de Brión o que repercute no capital social de Brión.
A creación da Orquestra de Guitarras da Escola Municipal de Música Magariños xorde coa existencia en anos anteriores da asignatura de Música de Cámara. Ao longo destos últimos anos o número de alumnos foise aumentando e partir da creación da Orquestra de Guitarras no ano 2010. Deste xeito a formación nace coma un reforzo curricular en pro da educación integral dos alumnos e da superación personal dos mestres nesta materia.
Na actualidade a Orquestra de Guitarras está formada por todos os alumnos matriculados no PEX e PEA tanto do Nivel II comoa Nivel III e ten coma obxectivos:
1. O desenvolvemento musical e artísticio dos integrantes.
2. Despertar o interés do público en xeral pola guitarra clásica.
A Orquestra de Guitarras da Escola Municipal de Música Magariños ten coma finalidade traballar un repertorio de conxunto para levar a cabo en concertos. O repertorio que manexa a Orquestra trata de levar a escoita de varios períodos (Renacemento, Barroco, Clásico, Romántico, Contemporáneo, etc.).
FICHA ARTÍSTICA
Curso 2009/2010
Orquestra de Guitarras
Membros
PEX e PEA
Guitarra
A partir dos 8 anos
Coordinación