top of page

O edificio da Escola Municipal de Música Magariños foi inaugurado oficialmente o 18 de decembro de 2009. A Escola, conta desde entonces cunhas novas instalacións municipais adicadas á difusión e promoción da Música, e da Cultura en xeral. Trátase dun edificio rehabilitado, no centro de Pedrouzos, preto da Carballeira de Santa Minia onde se ubican outros espazos culturais como a Biblioteca Municipal, a Casa da Cultura ou a Sala de Exposicións Municipal.


Deste xeito, a Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión gañou en espazo coas novas aulas, moi necesarias ante a crecente demanda que ten este servizo municipal ano atrás ano.

Aproveitando o acto de inauguración do novo edificio, ao que acudiron representantes do goberno municipal, dos grupos políticos locais, así como numerosos veciños do concello, un cuarteto de clarinete da Escola Municipal de Música Magariños interpretou unha peza musical, unha alegoría que representa e sintetiza o espírito deste novo espazo cultural, unha fusión entre música e a cultura ao servizo de todos os veciños e veciñas do Concello de Brión.

O CENTRO | Infraestrutura

HISTORIA DO EDIFICIO

A Escola Municipal de Música Magariños conta cunha infraestructura ubicada na avenida de Santa Minia nº 70 na parroquia de San Fins de Brión, en Pedrouzos.

 

O centro conta con dúas prantas distribuidas da seguinte forma:

 

PRIMEIRO ANDAR

 

- 3 aulas instrumentais.

- Administración Xeral e Dirección.

- Arquivo.

- Sala da caldeira.

- Almacén.

- Servizos.

 

SEGUNDO ANDAR

 

- 2 aulas colectivas.

- Servizos.

 

bottom of page