top of page

ADMINISTRACIÓN XERAL | Taxas, Prezos e Bonificacións

PEX | NIVEL I [Tempos lectivos: 60, 90 e 120 minutos semanais]
 

- Cursos 1º (Pre-Iniciación Musical): 35,50 € cota trimestral.

- Cursos 2º e 3º (Música e Movemento): 44,80 € cota trimestral.
- Cursos 4º e 5º (Música e Movemento e Orquestra Infantil): 44,80 € cota trimestral.

PEX | NIVEL II (195 minutos semanais)

- Cursos 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º (Linguaxe Musical, Conxunto Coral I e Instrumento): 127,80 € cota trimestral.

PEX | NIVEL III ( 150 minutos semanais)

- Curso 1º, 2º, 3º e 4º (Instrumento, Harmonía e Análise, Conxunto Coral I): 127,80 € cota trimestral.

​

PEX | NIVEL IV ( 105 minutos semanais)

- Curso 1º, 2º, 3º e 4º (Instrumento e Conxunto Coral II): 127,80 € cota trimestral.

PEA | NIVEL I (150 minutos semanais)

- Cursos 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º (Linguaxe Musical, Conxunto Coral II e Instrumento): 127,80 € cota trimestral.

PEA | NIVEL II (105 minutos semanais)

- Curso 1º, 2º, 3º e 4º (Instrumento e Conxunto Coral II): 127,80 € cota trimestral.

 

PEA | NIVEL IV (105 minutos semanais)

- Curso 1º, 2º, 3º e 4º (Instrumento e Conxunto Coral II): 127,80 € cota trimestral.

As taxas dos servizos prestados pola Escola Municipal de Música Magariños quedan recollidos según a ordenanza fiscal vixente.

​

Primeira cota trimestral
Entre outubro e novembro

​

​Segunda cota trimestral 
Entre febreiro e marzo

​

Terceira cota trimestral
Entre maio e xuño

 

A Escola Municipal de Música Magariños tamén ofrece a posibilidade de domiciliar os pagos trimestrais das cotas dos servizos prestados pola Escola Municipal de Música Magariños. Para elo, deberase presentar o modelo de domiciliación bancaria debidamente cuberto e asinado polo beneficiario dos servizos prestados pola Escola ou ben, o titular da conta da entidade financieira.

SEGUNDA ESPECIALIDADE INSTRUMENTAL
 

​No caso de que un alumno se inscribise nunha segunda especialidade instrumental, aplicaráse unha bonificación do 90 % na tarifa da segunda especialidade.


BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL

No caso de aqueles alumnos que sexan membros da Asociación Banda de Música Municipal de Brión e que se inscriban nas actividades da Escola Municipal de Música Magariños aplicaráselles unha bonificación do 50 % na tarifa trimestral que lles corresponda aboar en función do Plan de Estudios no que esten inscritos. Esta bonificación non é compatible coa bonificación de familia numerosa ou de outras familias. No caso de que concurra un mesmo alumno en dúas bonificación (a de familia numerosa ou outras familias e a da Banda) se aplicará únicamente a bonificación de familias numerosas ou outras familias.

FAMILIA NUMEROSA

 

As familias con certificado de familia numerosa aplicaráselles as seguintes bonificacións:

- Ao primeiro membro da familia (o de maior idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 50 %.

- Ao segundo membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 75 %.
- Ao terceiro membro da familia e seguintes (os seguintes en idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 100 %.

BONIFICACIÓNS OUTRAS FAMILIAS

 

As familias con máis dun membro inscrito na escola de música aplicaráselles as seguintes bonificacións:

- Ao primeiro membro da familia (o de maior idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 0 %.
- Ao segundo membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 50 %.

- Ao terceiro membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 75 %.

- Ao cuarto membro da familia (o seguinte en idade): terá unha bonificación na tarifa trimestral do 100 %.

Estudiantes en Music Room
bottom of page