CONCELLO DE BRIÓN | Departamento de Música
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS
ao teu servizo
información xeral
preto de ti
pensando en ti
xestións e trámites
cando ti queiras
ANUNCIOS
NOVAS
GALERIA MULTIMEDIA
Matrícula Fora de Prazo Curso 2024/2025
18 de xullo de 2024
Oferta Educativa para o curso 2024/2025
27 de xuño de 2024
A Orde do 13 de maio de 2011 e publicado no DOG Núm. 104 do 31 de maio de 2011, autoriza a inclusión da Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Escola Municipal de Música Magariños acada así a avaliación de conformidade cos requisitos da Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regula as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza en Galicia.
O centro cumpre deste xeito cos requisitos de infraestructura, profesorado e do proxecto educativo que dende hai varios anos ven traballando con moito éxito. O centro contará a partir de agora cun proxecto en continua avaliación que repercutirá na calidade do servizo prestado dende a Escola e, en definitiva, nos usuarios da Escola Municipal de Música Magariños.
No curso 2003/2004 botou a andar o Plan Educativo de Ensinanzas Musicais [PEEM] da Escola Municipal de Música Magariños. Este plan definiu as directrices que asentaron no Concello de Brión unha formación musical. Unha formación musical dirixida a todos os veciños do Concello de Brión sen limitacións de idade, sexo, relixión, condicións, etc.
O centro conta cunha autonomía pedagoxíca en relación á organización das ensinanzas musicais atendendo aos principios de flexibilidade educativa. Deste xeito a traves de tres itinerarios educativos diferenciados [clásico-moderno-tradicional] e segundo o acceso por idade [PEX e PEA] se artella o Plan Educativo de Ensinanzas Musicais.
A actividade pedagóxica do centro se desenvolve atendendo a tres bloques principales: formación instrumental, formación complementaria e actividades de conxunto.
En definitiva se ten vontade de desenvolver no alumnado disposicións expresivas e de estimular experiencias coa música indo máis alá da mera adquisición de habilidades técnicas.