CONCELLO DE BRIÓN | Departamento de Música
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS
ao teu servizo
información xeral
preto de ti
pensando en ti
xestións e trámites
cando ti queiras
O PROGRAMA
PARA TOD@S | Espazo Aberto
ESPAZO ABERTO, é un espazo para tod@s para crear un programa de difusión cultural e con carácter divulgativo da Escola Municipal de Música Magariños. Este espazo para aprendizaxe musical é un programa que pretende fora das aulas da Escola, trasladar toda a súa estructura académica ata calqueira lugar do Concello de Brión ou incluso fora, convertendo o centro nun verdadeiro axente educativo e cultural dentro do Concello.
Deste xeito, a Escola ano tras ano vai ampliando a súa oferta formativa e pedagóxica como tamén organizativa para poder chegar a un sector amplo de poboación.A Escola en Itinerancia fomenta un dos obxectivos estratéxicos que é a desenvolver o papel da Escola coma un espazo catalizador de socialización capaz de xenerar actividades que van máis alá da aprendizaxe pero sempre no ámbito musical xenerador dese proceso.
CONCERTO DE ENTROIDO
O Concerto de Entroido está organizado polo Departamento de Música e Movemento como celebración destas festas cheas de música, color e fantasía pero tamén para con moita historia e tradición que se intenta achegar aos máis novos. Un bo relato para contar aos nenos e que coñezan o motivo que nos leva a poñer unha máscara ano tras ano.
É importante que os nenos coñezan o sentido das cousas, o que lles servirá de gran axuda na súa aprendizaxe. Deste xeito, e co carácter máis lúdico, con máscara, música e bailes desenvolvese este Concerto orientado os máis pequenos da Escola.
Entre os obxectivos a acadar neste Concerto de Entroido son:
1. Descubrir e desenvolver as capacidades expresivas, creativas, musicais e motrices dos nenos.
2. Considerar a voz coma un medio de expresión por excelencia estimulando o contacto coas fontes sonoras a través de distintos instrumentos de percusión.
3. Propiciar situacións de aprendizaxe que favorezcan a motivación necesaria mediante as cancións, bailes ou interpretacións de percusión.
4. Considerar o movemento coma medio de expresión e sensibilización motriz, visual, auditiva e rítmica.
FICHA ARTÍSTICA
Primeira Edición Ano 2011
Entroido
Espazo Escénico
SALÓN DE ACTOS
Centro Social Polivalente (Brión)
Aforo de 100 butacas
Intérpretes
PEX e PEA
Música e Movemento e Vento
A partir dos 3 anos
Coordinación
Área de producción
ESMU Magariños
Contacto: producción@briondixital.org