A ESMUMA celebra o IV Ciclo de Microconcertos co alumnado como protagonista
- ESMUMA
- May 5
- 1 min read
Do 11 ao 29 de maio, a Escola de Música de Brión (ESMUMA) acolle unha nova edición do seu Ciclo de Microconcertos, unha proposta que permite escoitar en formato íntimo os traballos do alumnado das diferentes espcialidades instrumentais e vocais.
Os concertos terán lugar nas aulas da ESMUMA, en horario maioritariamente ás 19:00 horas, coa excepción da quenda de piano do 21 de maio (ás 18:00 e 19:00 h). Participará alumnado de frauta travesa, baixo eléctrico, saxofón, clarinete, canto, percusión, guitarra, piano e vento-metal.

📅 Programación
11 maio (aula 3) – Vento Horizontal (alumnado de frauta traveseira e gaita)
15 maio (aula 4) – Brillante (alumnado de saxofón)
20 maio (aula 4) – Arume vocal (alumnado de canto)
21 maio (aula 4) – Caixa de Sons (alumnado de guitarra)
22 maio (aula 4) – Vibracións do Grave (alumnado de baixo eléctrico)
25 maio (aula 1) – Cantiga de Madeira (alumnado de clarinete)
26 maio (aula 5) – Rítmico (alumnado de percusión)
28 maio (aula 2) – Danza de Macillos (alumnado de piano, 18:00 e 19:00 h)
29 maio (aula 4) – Resoante (alumnado de vento-metal)
📍 Entrada libre ata completar capacidade.
🔗 Máis info: www.esmunagarinos.com






Comments