top of page
Search

Pagamento das taxas do 3º Trimestre Curso 2020/2021

Dende o 17 de xuño a tesourería do Concello de Brión remitirá os recibos correspondentes ao terceiro trimestre do curso 2020/2021 para aqueles alumnos que non solicitaron a domiciliación bancaria. As remesas de recibos domiciliados tamén se emitirán entre na primeira semana de xullo– No caso de non recibir os recibos no prazo de 15 días naturais deberedes informar na Secretaría do centro ou ben directamente en tesourería.


As formas de pago son as seguintes:

1. En efectivo nas entidades financeiras do Concello de Brión.

2. Transferencia bancaria ás contas do Concello de Brión.

3. En efectivo na Caixa da Corporación (nas oficinas municipais do Concello de Brión).


No caso de recibos non domiciliados no pagamento das taxas polos servizos da Escola Municipal de Música Magariños deberedes indicar no concepto o número de recibo para a súa identificación.


A data límite para o pagamento voluntaria dos recibos non domiciliados será o 17 de agosto.




10 views0 comments
bottom of page