O vindeiro 8 de xaneiro botará andar o segundo trimestre desde curso 2019/2020. Abrangará ata o 3 de abril, ámbolos dous inclusive e con moita actividade académica e de produción artística.
Este segundo trimestre traerá a terceira edición do Brión Open Music’ 20 coas músicas actuais coñecidas e con pezas para o disfrute de todo o público.
A Escola Municipal de Música Magariños contará de novo con novas edicións dos Venres Musicais -adicados á música de piano e guitarra clásica-, o FECAM adicado ao repertorio de música de cámara, o Concerto de Entroido ou as audicións trimestrais.
Como novidade importante para este trimestre será o I Festival BrionFolk adicado e interpretado polo alumnado do itinerario tradicional e folk. Deste xeito, a Escola porá enriba do escenario un repertorio moi variado rítmicamente.
A Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión a través da Concellería de Deportes, Artes Escénicas e Musicais desexávos unha boa entrada de ano cargada de moita música.
Comments