top of page
Search

O ESMUMA abre as súas portas ás Audicións do 1º Trimestre

Nov 7
2 min read

Do 30 de novembro ao 4 de decembro, o alumnado do Plan Educativo Xeral (PEX) demostrará o traballo realizado durante estes meses nunha serie de audicións para o alumnado.


O centro do Concello de Brión inicia a tempada de audicións do primeiro trimestre. Unha cita fundamental no calendario académico onde o alumnado terá a oportunidade de subirse ao escenario de forma individual para interpretar unha peza ou o material didáctico que estiveron traballando nas aulas.


As sesións desenvolveranse en diferentes horarios e espazos do centro (Aulas 1 a 5) ao longo da próxima semana, segundo o seguinte programa:


Luns 30 de novembro


  • 18:00 - 19:00: Carlos Pintor Iglesias (Piano).

  • 19:30 - 20:30: Diego Vieito Bouzán (Percusión e Batería) e Celso Nieto Rodríguez (Clarinete) na Aula 5.


Martes 1 de decembro


  • 17:00 - 18:00 (Aula 3): Olivier Cano Carteret (Frauta Traveseira e Gaita).

  • 18:00 - 19:00 (Aula 2): Carlos Pintor Iglesias (Piano).

  • 18:00 - 19:30 (Aula 1): Ramón Vázquez García (Canto).

  • 19:00 - 20:00 (Aula 3): Carlos Gulias Carrillo (Saxofón).


Venres 4 de decembro


  • 19:00 - 20:00 (Aula 5): Pablo Pérez Fernández-Sanmamed (Contrabaixo e Baixo).

  • 19:30 - 20:30 (Aula 4): Jorge Rey Barca (Trompeta, Trombón, Trompa e Tuba).

  • 19:30 - 20:30 (Aula 1): Miguel Alfonso Meis (Guitarra).


Notas importantes para o alumnado


  • O alumnado de piano (tanto de CL como de MO) poderá escoller o día que mellor lle conveña segundo a súa preferencia e disponibilidade (entre o luns 30 e o xoves 3), sen necesidade de avisar previamente.

  • Aquelas persoas que non poidan asistir deberán comunicalo directamente ao seu profesor.

  • Horario de clases: As clases cancelaranse unicamente no horario do profesor que estea a celebrar a súa audición. O resto do profesorado manterá as clases segundo o horario previsto.


Para calquera dúbida ou para ampliar información, podes escanear o código QR do cartel ou poñerte en contacto co centro a través do teléfono 981 50 99 03, o correo electrónico esmuma@concellodebrión.gal ou na web www.esmumagarinos.com.

 
 
 

Comments


bottom of page