Apertura do prazo de reserva de praza na Escola Municipal de Música Magariños para o curso 2026/2027
- ESMUMA
- Apr 24
- 2 min read
Do 27 de abril ao 29 de maio, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de reserva de praza para o vindeiro curso.

A Escola Municipal de Música Magariños informa que o alumnado matriculado no presente curso académico xa pode formalizar a reserva da súa praza para o curso 2026/2027. O prazo de admisión da documentación estará vixente dende o 27 de abril ata o 29 de maio.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
As persoas interesadas deberán presentar:
Impreso de solicitude de reserva de praza.
Fotocopia do libro de familia numerosa, só no caso de que se producise algunha modificación da situación familiar con respecto ao curso anterior.
Impreso de domiciliación bancaria.
Importante: se estes documentos xa existen no centro e non hai modificacións, non será necesario volver aportalos.
Condicións da reserva
A formalización da solicitude supón a aceptación de todas as condicións, normas e regras do centro. O alumnado poderá reservar praza na especialidade instrumental que cursou no terceiro trimestre do curso actual. No caso do alumnado de Música e Movemento con cambio de nivel académico, poderá elixir por primeira vez unha especialidade instrumental das ofertadas polo centro.
NORMAS DE PAGAMENTO
As obrigacións de pagamento nacen dende o inicio da actividade.
As taxas aboaranse en tres cotas trimestrais mediante domiciliación bancaria ou recibos trimestrais.
A falta de pagamento no prazo establecido será motivo de baixa.
As baixas deben solicitarse por escrito na secretaría da escola (presencialmente ou por correo electrónico en esmuma@concellodebriongal.
Non se admitirá matrícula a alumnos e alumnas con recibos pendentes doutros cursos.
DESCONTOS E BONIFICACIÓNS
Aplicaranse os descontos previstos na Ordenanza Fiscal 20-PP para os ámbitos de familia numerosa, varios membros inscritos no centro, membros da Banda de Música Municipal e segunda especialidade.
Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a normativa vixente de prezos e os documentos de funcionamento do centro, dispoñibles para o alumnado.






Comments