O XIII Festival de Música de Cámara 'FECAM' volta a Brión co talento do ESMUMA
- ESMUMA
- 2 days ago
- 1 min read
O Concello de Brión prepárase para acoller unha nova edición do seu xa tradicional Festival de Música de Cámara, o FECAM, que este ano chega á súa décimo tercerita edición. A cita musical, que xa é un referente en Brión, celebrarase na Sala Magariños do ESMUMA (Centro de Música, Creatividade e Divulgación) os días 24 e 26 de marzo.
O festival, organizado polo Departamento de Música do Concello de Brión en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Diputación de A Coruña, ten como obxectivo principal divulgar a música de cámara e pór en valor o traballo do alumnado da Escola.
Nesta XIII edición, o público asistente poderá desfrutar de dous concertos que amosarán a versatilidade e o talento dos novos intérpretes. O programa estruturarase da seguinte maneira:

Martes, 24 de marzo, ás 19:00 h: Concerto de cámara a cargo do alumnado das especialidades de piano, clarinete, vento-metal e percusión.
Xoves, 26 de marzo, ás 19:00 h: Segundo concerto de cámara, nesta ocasión protagonizado polo alumnado de guitarra, saxofón e frauta traveseira.
A entrada para ambos os concertos é de balde, convidando a toda a veciñanza de Brión e visitantes a gozar dunhas xornadas nas que a música clásica e o talento local serán os grandes protagon
istas. Non perdan a oportunidade de descubrir as promesas musicais da man do ESMUMA nun entorno inigualable como é a Sala Magariños.






Comments