XIII Festival Entroido '26: ESMUMA, Centro de Música, Creatividade e divulgación, celebra a arte integrada
- ESMUMA
- Jan 18
- 1 min read
O ESMUMA Centro de Música, Creatividade e Divulgación, convoca unha nova edición do seu Festival Entroido, que chegará en febreiro de 2026 cargado de propostas artísticas que fusionan disciplinas. O programa inclúe actuacións do alumnado e un espectáculo multidisciplinar aberto ao público.

A primeira xornada, o 11 de febreiro, estará dedicada ao alumnado de Música e Movemento. Os grupos de 1º, 2º e 3º actuarán ás 17:00 horas na Sala Magariños, mentres que os cursos de 4º e 5º farán o propio ás 18:30 horas no mesmo espazo escénico, situado na sede de ESMUMA.
Como acto destacado, o 13 de febreiro ás 19:00 horas terá lugar no Salón de Actos do Conservatorio Superior (CSP) a posta en escena de "Giselle", un espectáculo que combina música, danza e pintura en directo. Esta proposta busca ofrecer unha experiencia sensorial única, integrando distintas formas de expresión artística nun mesmo espacio e tempo.
O festival reafirma o compromiso de ESMUMA, como centro de música, creatividade e divulgación, coa innovación educativa e a creación artística, abrindo as portas da institución para compartir coa comunidade o traballo do alumnado.






Comments